Comentarios
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

ADEGA apoia a marcha anual contra a celulosa

Ir abajo

ADEGA apoia a marcha anual contra a celulosa Empty ADEGA apoia a marcha anual contra a celulosa

Mensaje  dayrdan Miér Jun 11, 2008 3:48 pm

ADEGA apoia a marcha anual contra a celulosa
Xornal Galicia | Miércoles, 11 Junio, 2008 - 11:44

ADEGA apoia a marcha anual contra a celulosa convocada pola APDR
para este sábado 14 de xuño ás 20:30 dende as alamedas de Marín e Pontevedra.
ADEGA chama á cidadanía a participar nesta mobilización para denunciar a aldraxe
da concesión da Autorización Ambiental Integrada a ENCE-ELNOSA. Este feito é
froito da escandalosa permisividade da Consellería de Medio Ambiente coa celulosa,
unha instalación que é ilegal, contaminante e está a hipotecar o futuro da ría,
do sector pesqueiro e marisqueiro, do turismo, e poñendo en risco a saúde da cidadanía.
Sobre o tema do "traslado" da fatoría de ENCE-ELNOSA e as posíbeis ubicacións,
ADEGA coida que se está obviando o debate sobre a necesidade ou non de contar
cunha celulosa en Galiza. Neste senso, non habería que falar propiamente do
traslado da planta de Lourizán, senón da construción dunha nova pasteira.
Realmente precisamos unha industria tan contaminante como ENCE, habida conta de
que coas 7 pasteiras de Portugal e a recente ampliación da celulosa de Navia pódese
absorber a producción de madeira galega?
As celulosas son en grande medida responsábeis do actual modelo forestal baseado no monocultivo
intensivo do eucalipto e do piñeiro. E se por parte da administración se quere mudar o modelo,
que necesidade habería de manter unha pasteira en Galiza? Precisamente é proceso de fabricación
de pasta de papel o que condiciona en gran medida o aproveitamento forestal insustentábel dos
últimos 50 anos, sendo ademáis un dos principais factores que condicionan o escandaloso número
de lumes no país.
A ONU sinala ás celulosas como unha das industrias máis contaminantes do planeta. Neste senso,
o mal chamado "traslado" (en realidade a construción dunha nova fatoría), só trasladaría os
problemas de contaminación, vertidos e cheiros a outra ubicación.
ADEGA propón como alternativas a diversificación dos usos do monte, a aposta polas especies
autóctonas e promoción das industrias da reciclaxe do papel, inexistentes en Galiza, xa que o
mercado de pasta pura está ademáis controlado polas grandes transnacionais que en calquera
momento poden "tirar" os prezos do eucalipto con importacións masivas de América do Sul.

dayrdan

Cantidad de envíos : 1897
Fecha de inscripción : 07/12/2007

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.